Estas chepas colléronse no porto de Sada, de noite, entre meu pai e eu. A máis grande sacouse cunha caña de 25/50 g de acción que casi rompe. Foi con senrada e ó fondo.
Unhas cuantas fanecas e unha chepa curiosa, pescadas no porto de Sada, de noite e con senrada ó fondo. Este día tamén se devolveron unhas 8 fanecas por pequenas. Estabamos Cesar e eu.
As fotos son de dúas robalizas e unha meiga. Foron pescadas na praia de Miño, pescando ó fondo con senrada, de noite. Faltan outras 4 robalizas, 2 meigas e unhas cuantas fanecas que levou César para casa.
E as que devolvemos por pequenas... Todo o que hai ahí foi pescado na praia de Oza, con senrada e o fondo, de noite, entre eu, a rapaza, e meu pai que sal todo contento na foto, tras chegar á casa. Disfrutou un bo anaco sacando esas chepas. Eu non daba feito a poñerlle senrada ós dous, que tiñan picadas continuamente.
Os calamares colleunos meu cuñado, mentres eu tiña dúas cañas, unha ó fondo ca que saquei a chepa, e outra con flotador, ca que saquei a boga. Ambalas dúas con calamar como cebo. Foi pescando de noite no porto de Viveiro.