18.1.06

Outro gran amante da pesca no mar


Luís, a quen tedes na foto, é o artifice de boa parte das imaxes e comentarios que aquí se presentan. Trátase dun amante incondicional da pesca, co merito engadido de que tan soio hai pouco mais dun ano que entrou neste apaixoante mundo, da man de outro bo amigo e colaborador como é Cesar.

Grazas por todo ós dous.

Ismael.


Chepas e fanecas

Estas chepas e fanecas colléronse de noite no porto de Sada. Pescando con senrada e ó fondo. Estabamos Cesar, Pepe (o irmán de Cesar) e eu.

Xarda

Esta sarda foi pescada no porto de Sada, de día. Con senrada e ó fondo. Cesar sacara outras dúas de tamaño similiar, unha ó fondo e outra con flotador.

Salmonete e chepa

Este salmonete e chepa colléronse no porto de Sada, pescando ó fondo con senrada. De día. Estabamos Cesar e eu. O salmonete sal na foto algo escamado porque ó sacalo Cesar púxolle un pé enriba para que non escapara.